Enlaces / Descargas        

Quen somos:
Marián González Rodríguez
(Coordinadora do proxecto)
Luís González Rodríguez
(Dtor. da cia. Trompicallo)
Esther Rodríguez Enjamio
(Dtra. da Escola Municipal Pasiños)
Eva Sanz Santás
(Orientadora do I.E.S. David Buján)

Compañía:
www.trompicallo.com
(Páxina web da compañía encargada
da representación de obra)

Espectáculo:
"O día que chegou unha nube e choveu"
(Páxina web do espectáculo con
información, video e fotos)

Guías didácticas:
1º ciclo de Educación Infantil - pdf
(Guía didáctica para nenos de 1 a 3 anos)
2º ciclo de Educación Infantil - pdf
(Guía didáctica para nenos de 3 a 5 anos)
Canción da auga - wav
(Complemento das guías didact.
Para descargala preme no botón dereito
e selecciona "Gardar destino como...")
Conto "El niño del no y el agua" - mp3
(Compl. da Guía didac. para 2º ciclo de E.I.
Audiolibro en formato mp3 - en castelan.
Para descargalo preme no botón dereito
e selecciona "Gardar destino como...")

Documentación adicional:
Proxecto "Somos auga" - pdf
(Descripción do proxecto en pdf - gal.)
Cuéntame el agua - pdf
(Guía de contos e recursos sobre a auga - cast.)
Las cifras del agua - pdf
(Estadísticas e indicadores da auga en
España. Publicado polo INE - cast.)
El cambio climático - pdf
(Información sobre as causas e os efectos
do cambio climático - cast.)
El agua - pdf
(Información sobre a auga extraída de

Wikipedia - cast.
)
Nueva cultura del agua - pdf
(Análisis de conflictos na xestión da auga - cast)
Marionetas - pdf
(Definición, historia e tipos de monicreques - cast.)
The WaterChannel.tv
(Páxina con videos sobre a auga - ing.)

Contratación:
Trompicallo
A Picota 3
15318 - Abegondo (A Coruña)
marian@trompicallo.com
luis@trompicallo.com
Tlf. 636 860 927

 

 

 

PRESENTACION

Diante da actual situación na que se atopa a auga no noso planeta, (só o 1% é auga doce dispoñible para satisfacer ás nosas necesidades), profesionais do mundo da educación e o teatro decidimos xuntar os nosos esforzos para conseguir dar forma a este proxecto co que pretendemos chegar aos máis pequenos, nenos de 1 a 5 anos, e que aprendan, experimenten, xoguen e, sobre todo, lembren que a auga é o noso maior tesouro e que sen ela non é posible a vida, unha mensaxe básica pero fundamental.
Un espectáculo teatral de pequeno formato para poder ser representado directamente en colexios e gardarías e unha guía didáctica coa que afondar coa axuda dos seus profesores neste tema de vital importancia conforman este proxecto, co que pretendemos que os nenos, como futuros gardiáns, recorden o profundo respecto que lle debemos a noso ben máis prezado

 

O PROXECTO

Trátase de que os nenos traballen nas súas aulas o tema da auga a través dunhas guías didácticas realizadas por profesionais e que manexarán os profesores. Estas guías están orientadas a dúas idades, de 1 a 3 e de 3 a 5 anos, é dicir gardarías e educación infantil.
Durante este proceso terá lugar unha representación teatral de pequeno formato nos centros docentes. Este espectáculo, producido pola compañía Trompicallo, especializada en teatro de marionetas e en público infantil, conta a chegada da vida a través da auga. O que se consegue é que os nenos lembren unha mensaxe totalmente básica pero fundamental: "onde hai auga hai vida, e sen auga non hai nada".
Nos días previos á representación incidirase máis no coñecemento da auga como medio e nas súas características físicas, despois da representación farase máis fincapé na comprensión do espectáculo e no coñecemento da auga como elemento imprescindible para a vida no noso planeta e que debemos coidar entre todos, así como as diferentes maneiras que temos para facelo.

 

O ESPECTÁCULO

"O día que chegou unha nube e choveu" é un coidado espectáculo de pequeno formato pensado para poder ser representado directamente en centros docentes e gardarías. A través de marionetas unha actriz vai narrando o que sucede cando un día a auga aparece nun lugar no que non había nada, e como a vida con todos os seus matices fai acto de presenza. Neste espectáculo os nenos participan de forma activa, o que fai que se sintan parte del e que lembren, polo impacto que lles produce, o que sucede cando a auga desaparece. Entre todos conseguirán que a auga volva e lembrarán unha mensaxe simple pero fundamental: "sen auga non hai vida".
O espectáculo, de 30 minutos de duración, é teatro para gozar cos cinco sentidos, para que os nenos de 1 a 5 anos non só sexan espectadores senón que se sintan parte da historia. Foi estreado en 2010 pola compañía en estreita colaboración cos docentes participantes deste proxecto e xa foi representado con grande éxito en diferentes teatros e circuítos, é por isto, dada a grande acollida por parte do público infantil, docentes e pais, que cremos que é o punto de partida perfecto para axudar aos profesores a afondar cos nenos nun tema tan importante.

 
Video da obra

A COMPAÑÍA

Trompicallo é unha compañía de recoñecido prestixio dentro do panorama teatral do noso país. Especializados en teatro infantil e de marionetas son coñecidos tanto pola calidade coma polo trasfondo sempre educativo dos seus espectáculos.
Dende o ano 1996 ten presentados oito espectáculos cos que participou nos principais circuítos profesionais e festivais.
Mais información sobre a compañía en: www.trompicallo.com

 

AS GUÍAS DIDÁCTICAS

1 - Guía didáctica para 1º ciclo de Educación Infantil.
      Nenos de 1 a 3 anos - Preme aquí para descargala.

2 - Guía didáctica para 2º ciclo de Educación Infantil.
      Nenos de 3 a 5 anos - Preme aquí para descargala.