espectáculos   

 

 

         

 

 

distribución:

 

 

 

achégate  información das obras e da compañía

 

 

asiste a algunha das nosas funciones

 

 

coñece as nosas 
estreas

 

 

"Drácula", "Jiñol",
"Manolito Camaleón" 
e "Nadarín" foron
 producidas en convenio con:

IGAEM (Xunta de Galicia)

presentación | sinopse | ficha artística | técnica | fotos   jiñol    

 

Hai catro arquetipos, catro formas de teatro de títeres clásicas: o títere de luva, o títere de variña, a marioneta e a sombra chinesa. A técnica que escollimos para contar esta historia é o títere de luvas, a máis popular, na que o grotesco é o principio fundamental do seu carácter, esta cualidade caricaturesca é o motor da súa forza satírica.
Esta técnica, en apariencia  tan sinxela, permite unha manipulación directa, na que cada estímulo da man
produce unha resposta do títere que o  convirte nun pequeno actor capaz de emocionarnos e asombrarnos incluso a nos, os seus manipuladores.

Froitas e hortalizas foron a inspiración, pola pureza das súas formas, no intre de deseñar as cabezas. O ollos danlle ao rostro a característica decisiva para a irradiación da figura.
O Sr. Bulú, por exemplo, é un limón
Unha funda con mangas sumarias, case sempre non maiores cas mesmas manciñas, configura a luva na que o titiriteiro inserta a man. A asimetría da man pode mitigarse facendo o traxe máis simétrico.
O Sr. Bulú, rico empresario, luce traxe de chaqueta en tonos mostaza.


“É a man do titiriteiro, con toda a sua complexidade muscular e nerviosa, a que move o títere e se expresa con el. Toma, si o moves con certa habilidade e amor, as máis recónditas vibracións do teu corazón, o múltiple prisma das ideas, a vida mesma.Por isto, a arte dos títeres é o máis fermoso agasallo cun home pode ofrecer ás súas mans, que todo o producen e todo o crean.”
Otto Freitas.

Trompicallo
info@trompicallo.com